InicioOccidentalViveiroA iniciativa "O Deporte Non Ten Xénero" organizou unha aula gratuíta de...

A iniciativa “O Deporte Non Ten Xénero” organizou unha aula gratuíta de surf para mulleres

“Con este tipo de actos buscamos reivindicar a figura da muller no deporte, dándolle así visibilidade ás deportistas. Nos próximos meses continuaramos ofrecendo charlas e clases sobre outros deportes, co foco na participación feminina”, explica a concelleira de Muller, Lara Fernández Fernández-Noriega.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro pechou a primeira cita do programa “O deporte non ten xénero” cunha clase gratuíta de surf. Esta iniciativa, impulsada pola concellería de Muller en colaboración co Centro de Información á Muller, ofreceu na primeira sesión unha charla sobre este deporte, completada con esta lección práctica de surf.

A clase de surf, celebra na praia de A Abrela (O Vicedo), permitiu a este grupo de mulleres achegarse a este deporte. O encontro tivo ademais un marcado carácter interxeracional, con mulleres de todas as idades. 

Esta sesión de surf dá continuidade á charla celebrada esta semana na sala multiusos do Concello de Viveiro. Na sesión, as deportistas Claudia Prieto e Lucía Martínez, de Viveiro Surf Escola, compartiron co público a súa exitosa traxectoria neste deporte. 

“Con este tipo de actos buscamos reivindicar a figura da muller no deporte, dándolle así visibilidade ás deportistas. Nos próximos meses continuaramos ofrecendo charlas e clases sobre outros deportes, co foco na participación feminina”, explica a concelleira de Muller, Lara Fernández Fernández-Noriega.

Dende o Concello de Viveiro agradécese ás mulleres que participaron nesta primeira sesión da iniciativa “O deporte non ten xénero”, así como ás surfistas Claudia e Lucía e a Viveiro Surf Escola, pola súa implicación na actividade.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...