IniciosociedadeRibadeo edita un caderno de adhesivos para escolares que cuestiona os estereotipos...

Ribadeo edita un caderno de adhesivos para escolares que cuestiona os estereotipos sexistas

O Concello repartirá 1.000 exemplares de 'Co-educa xogando', dedicado a crianzas de dous a seis anos, entre os colexios Gregorio Sanz e Sagrado Corazón

Publicada o

- Advertisement -

A concellería de igualdade de Ribadeo presentou ‘Co-educa, xogando‘, un caderno de adhesivos con contidos elaborados desde a perspectiva de xénero para fomentar unha educación de valores igualitarios entre mulleres e homes.

O goberno local de Ribadeo editou 1.000 exemplares do caderno, no que se abordan aspectos como as tarefas profesionais, a corresponsabilidade ou as familias diversas que hai na sociedade actual.

DE BALDE

O Concello distribuirá de balde estes exemplares, destinados a crianzas con idades comprendidas entre os dous e os seis anos, entre os colexios Gregorio Sanz e Sagrado Corazón. Tamén estará á venda nas librarías de Ribadeo, a un prezo de cinco euros.

ROLES E OFICIOS

A concelleira de igualdade, Mariluz Álvarez Lastra, asegurou que o caderno racha coas imaxes estereotipadas. “Os libros que os nenos empregan a diario perpetúan os roles da muller no ámbito familiar, no ámbito educativo e naquelas profesións que están feminizadas, e marcan o rasgo masculino en oficios orientados desde sempre aos homes”, explicou.

LOCALIZACIÓNS EN RIBADEO

A ilustradora ribadense Mónica Justo e mais a directora do Centro de Información á Muller (CIM), Luisa Couceiro, traballaron xuntas nun proxecto “ambicioso e complexo”.

Justo encargouse dos debuxos do caderno, que inclúe escenas na vila ribadense. A autora explicou que realizou “un traballo de información previo xunto a Luisa, para dotar ao caderno dun plano lúdico e doutro didáctico. Así concluímos que estaría ben ambientalo en contornas familiares para as crianzas”, espuxo.

Participaron na presentación do caderno, celebrada este mércores no consistorio ribadense, Álvarez Lastra, Couceiro, Justo e a educadora familiar municipal Fianma Prada.

PINTADO DE XOGOS NO PARQUE

Álvarez Lastra referiuse tamén a outro proxecto que levará adiante en datas próximas o Concello, o pintado de xogos coeducativos no parque de San Francisco.

Farémolo cando o tempo mellore. Cremos que os xogos tradicionais como a carabañola, o tres en raia, este tipo de xogos que non adoitan a estar preto das crianzas e son importantes porque son coeducativos, xogan indistintamente nenas e nenos”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...