IniciosociedadeO BNG denuncia a falta de tres dos sete médicos do centro...

O BNG denuncia a falta de tres dos sete médicos do centro de saúde de Viveiro

Afirma que o Sergas non substituíu aos profesionais ausentes na quenda de mañá

Publicada o

- Advertisement -

O BNG de Viveiro asegura que este xoves faltaron na quenda de mañá tres dos sete médicos que atenden no centro de saúde.

Os nacionalistas afirman que estes facultativos non foron substituídos polo Servizo Galego de Saúde (Sergas).

O grupo municipal do BNG esixe a cobertura de todas as ausencias no ambulatorio viveirense e afirma que as consecuencias de que non se substitúa ao persoal son “a sobrecarga asistencial e o deterioro da atención aos pacientes, ademais do esgotamento dos profesionais”.

“EMERXENCIA” EN ATENCIÓN PRIMARIA

Os nacionalistas engloban esta situación no “estado de emerxencia que vive Atención Primaria“.

“É preciso ofrecer contratos estables a máis médicos e garantir un servizo básico de calidade e proximidade”, espuxeron os nacionalistas, que aseguran que o PP pretende converter Atención Primaria “nun privilexio“.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...