O Concello de Xove destina 31.372 euros a axudas ao estudo

As achegas, que se convocan anualmente, benefician a 63 estudantes de distintos niveis educativos

Ana Abad, Cristina Iglesias e Demetrio Salgueiro. ARQUIVO XORNAL DA MARIÑA

O Concello de Xove destina 31.372 euros a axudas ao estudo. A última Xunta de Goberno Local do ano aprobou a concesión de 63 bolsas a estudantes de distintos niveis educativos.

Máis da metade da contía total, 15.950 euros, benefician a trece universitarios e universitarias que cursan graos ou masters.

Outras achegas distribúense entre alumnado de ciclos formativos que teñen que desprazarse fóra da comarca -4.045 euros en sete bolsas- e estudantes con capacidades diferentes que asisten a clases de educación especial ou terapias de estimulación – 7.500 euros en oito bolsas-.

MATERIAL ESCOLAR

A suma complétase con 35 becas para material escolar de todas as etapas formativas, desde a educación infantil.

A concelleira de Servizos Sociais, Ana Abad, destacou o “esforzo orzamental” que supoñen estas axudas que valorou como unha “aposta clara” pola mocidade.

CONVOCATORIA ANUAL

Cada curso, o Concello de Xove ofrece bolsas para estudantes censados no municipio. As axudas oscilan entre os 60 euros, a contía mínima para material escolar, e os 1.200 euros que alcanzan as bolsas para estudos de máster ou doutoramento.

No curso pasado, o Concello concedeu 96 becas por valor de 32.270 euros.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here