IniciosociedadeO BNG insta a reforzar os servizos médicos durante o Resurrection

O BNG insta a reforzar os servizos médicos durante o Resurrection

Os nacionalistas propoñen que a organización do festival achegue unha ambulancia medicalizada

Publicada o

- Advertisement -

O BNG de Viveiro insta nun comunicado a reforzar os servizos médicos durante o Resurrection Fest, o festival de rock duro que trouxo ao concello a 86.500 seguidores na pasada edición, segundo os datos da organización.

O grupo municipal nacionalista apunta na nota varias propostas. Unha delas é a demanda á organización do Resurrection Fest da dotación dunha ambulancia medicalizada e outra asistencial. Deste xeito, argumenta o BNG de Viveiro, de darse algunha emerxencia médica durante a celebración do festival, a poboación de Viveiro non quedaría “desprotexida na época do ano con maior afluencia de visitantes”.

a instalación dun hospital de campaña é outra das peticións

Os nacionalistas de Viveiro tamén suxiren realizar unha petición á Axencia Galega de Emerxencias (Axega) para que o ente instale nas inmediacións do recinto do macrofestival un hospital de campaña para a atención inmediata e provisoria de calquera emerxencia.

O BNG viveirense avoga tamén por esixirlle ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) a cobertura das prazas necesarias de médicos no centro de saúde de Viveiro, pois resalta que os facultativos “sofren nos meses de verán, como aconteceu no ano 2017, cunha sobrecarga da demanda asistencial que fixo que o número de pacientes -uns 2.500- superaba ao cupo establecido por Lei -1.500-”.

MÁIS CONTEDORES DE LIXO

O grupo municipal nacionalista cre tamén que son necesarios máis contedores de lixo, en puntos estratéxicos cunha maior afluencia de persoas, así como a instalación de sanitarios portátiles.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...