Xove reparte exemplares do libro ‘Baleeira de Morás’

O libro, coordinado pola dirección e área de didáctica do IES Illa de Sarón, recolle testemuños de veciñas e veciños que traballaron na factoría

Os exemplares do libro poden recollerse nas oficinas municipais

A veciñanza de Xove pode recoller nas oficinas municipais un exemplar do libro ‘Baleeira de Morás’, impulsado polo departamento de Investigación Social do concello.

A publicación recolle a historia da antiga factoría, que estivo en funcionamento entre 1965 e 1977 no portiño de Morás, e analiza o impacto da súa actividade industrial.

O contido afonda nas relacións laborais e nas condicións das empregadas da fábrica promovida polos irmáns Massó, unha das primeiras oportunidades para o traballo feminino remunerado na zona.

O libro recolle tamén unha ampla reportaxe fotográfica de veciños e veciñas de Xove que traballaron na baleeira, unha das tres que funcionaron en Galicia no século XX canda a de Punta Balea en Cangas do Morrazo e a de Caneliñas en Cee.

O volume foi coordinado pola dirección e a área de didáctica do IES Illa de Sarón de Xove e contou coa colaboración da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA).

DOCUMENTAL

O libro forma parte do proxecto Xove Mirando ao Mar, que promove o Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local.

O programa tamén impulsa a elaboración dun documental que detallará o funcionamento das instalacións demolidas en agosto de 2015 e recollerá a memoria da veciñanza.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here