O BNG afonda en San Cibrao nas causas estruturais da violencia machista

A deputada Olalla Rodil e a profesora universitaria cervense e activista do feminismo Olga Castro participaron nun encontro titulado 'A manada é o sistema'

Palestra informativa celebrada polo BNG en San Cibrao. AXM

O BNG celebrou o pasado venres en San Cibrao unha palestra informativa titulada ‘A manada é o sistema‘.

A deputada no Parlamento galego Olalla Rodil e maila docente universitaria cervense e activista do feminismo Olga Castro participaron no evento, englobado nunha campaña que comezou o pasado 25 de novembro, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero.

O acto, que congregou a ducias de persoas, pretendeu facer fincapé nas causas estruturais que favorecen a violencia machista.

“A violencia contra as mulleres, o feminicidio, ten o seu sustento ideolóxico no patriarcado que enchoupa todo o sistema, desde o xudicial e o institucional ata o político. Un sistema que convive sen reparos co asasinato de 45 mulleres nunha década, que apenas se inmuta coa denuncia de tres violacións por semana e que se resigna ante as 6.000 denuncias anuais por violencia machista”, subliña a campaña do partido nacionalista.

“VOLVER Á CASA, UNHA SITUACIÓN DE RISCO”

“Este sistema que considera normal que as mulleres sexamos xulgadas por como vestimos, por como nos divertimos, por como actuamos, que acepta que volver á casa de noite sexa unha situación de risco que toda adolescente ou muller responsable debe evitar”, denuncia o BNG.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here