IniciosociedadeXornal da Mariña, referente na bisbarra, contribúe a que o GC sexa...

Xornal da Mariña, referente na bisbarra, contribúe a que o GC sexa o terceiro dixital de Galicia

O diario online da comarca e do Eo-Navia fíxose un oco en sete meses de actividade xornalística

Publicada o

O impacto do Xornal da Mariña (XdM), que se converteu en só sete meses nun referente informativo da bisbarra, axudou ao diario dixital Galicia Confidencial (GC) a consolidarse, segundo a clasificación de Alexa -auditora da empresa Amazon-, como o terceiro xornal online de Galicia, só por detrás de Faro de Vigo, segundo no ránquing, e La Voz de Galicia.
O GC afirmou no 2018 o seu liderado no tocante aos medios de comunicación online en galego, e superou en popularidade a medios de gran tradición tamén en papel na nosa comunidade, como El Progreso ou La Región.
Desde o seu nacemento, no pasado Día das Letras Galegas, o XdM -integramente escrito en galego- converteuse nun referente informativo de todo o norte da provincia de Lugo con informacións sobre actualidade política, económica, cultural e social.
Este medio é, ademais, o que máis medrou en redes sociais e en número de visitas nos últimos meses.
Tamén foi o primeiro medio, desde a época do precursor Vieiros, en informar na nosa lingua sobre o que acontece nas zonas galegofalantes da comarca do Eo, un espazo cultural, social e económico que sempre estivo moi vinculado coa zona norte de Lugo.
A evolución de Xornal da Mariña é paralela á do resto dos xornais de Lugo. De feito, o pasado 17 de maio, Día das Letras Galegas, tamén nacían outros dous grandes xornais irmáns en lingua galega; LugoXornal, que informa sobre as comarcas do centro de Lugo e os concellos galegofalantes do Bierzo, e Xornal de Lemos, que informa da zona sur da provincia.
Estes tres medios completan a oferta informativa da provincia, todos editados por Xornal de Lugo S. L.

SOPORTE

Ademais, están asociados a Xornal de Vigo, o gran medio dixital do sur de Pontevedra, e Galicia Confidencial, que lle dá soporte informativo, comercial e técnico. Todos estes medios contan cun acordo para intercambiar información e publicidade.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...