IniciosociedadeMondoñedo proporá bonificar o ICIO ao centro de día de Alzhéimer

Mondoñedo proporá bonificar o ICIO ao centro de día de Alzhéimer

Mensajeros de la Paz rexistrou a solicitude de inicio de actividade, que a xunta de goberno resolverá o vindeiro luns

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Mondoñedo resolverá o luns na xunta de goberno local a comunicación previa de inicio de actividade que vén de solicitar Mensajeros de la Paz para a posta en marcha da unidade de Alzhéimer da localidade.

Mensajeros de la Paz pediu tamén a exención do imposto sobre construcións, instalacións e obras (ICIO) e a bonificación contida na ordenanza que regula este imposto, que gravará as obras e reformas que se van levar a cabo no centro.

A rexedora, a popular Elena Candia, avanza que proporá que sexa incluído no convenio “doing business”.

o concello quere subvencionar o imposto a través do convenio doing business, asinado coa xunta de galicia

A plataforma, impulsada desde a Xunta de Galicia, ten como finalidade a redución de cargas administrativas para as empresas.

Entre os incentivos está a bonificación de ata o 95% en varios impostos para os proxectos que impliquen a ampliación das empresas xa existentes, sempre que garantan a creación de emprego, como é o caso da unidade de alzhéimer.

OITO NOVOS EMPREGOS

A apertura do novo servizo suporá a creación de oito postos de traballo: un psicólogo, cinco auxiliares xerocultores, un terapeuta ocupacional e un técnico en actividades socioculturais. Na actualidade o centro de día ten empregados a cinco traballadores.

As obras de acondicionamento e adecuación do centro de día para enfermos de Alzhéimer San Rafael ascenden a 49.395 euros. O servizo vaise emprazar na residencia da terceira idade e centro de día da rúa José María Pardo.

QUINCE PRAZAS

A nova unidade de Alzhéimer do centro terá 15 prazas, que se sumarán ás 40 do centro de día.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...