O PP de Ribadeo esixe que o goberno “aclare as contas” da pista de xeo

Subliña que a instalación "leva tres anos de déficit" e demanda "unha mellor xestión"

Pista de xeo de Ribadeo. INVERNALIA

Tralo recoñecemento por parte do goberno de Ribadeo do déficit de máis de 20.000 euros que supuxo a Concello e Acisa a instalación da pista de xeo, o PP ribadense pide que se aclaren as contas do servizo.

O candidato dos populares ás vindeiras eleccións municipais, Daniel Vega, asegura que “a veciñanza espera respostas e explicacións”.

Vega pregunta “canto custou a pista” e “canto ingresou o Concello por esta actividade”, e afirma que “dá frío pensar” que a instalación “poidese saír, entre gastos e déficit, por 67.000 euros, once millóns das antigas pesetas”.

ACTIVIDADE “AXEITADA”

O candidato do PP ribadense cuestiona “a experiencia positiva da que fala o alcalde, pois a pista de xeo leva tres anos dando déficit”.

Con todo, o PP de Ribadeo non se opón á instalación da pista de xeo. “Cremos que hai que buscar unha mellor xestión para unha actividade que nos parece axeitado ofrecer”, conclúe Vega.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here