As obras de pavimentación e servizos na rúa A Calexa de Celeiro comezarán o luns

O Concello insta aos propietarios de garaxes a retirar os seus vehículos polos cortes de estrada mentres duren as obras

Rúa A Calexa. GOOGLE MAPS

O Concello de Viveiro informa de que o vindeiro luns comezarán as obras de pavimentación e servizos na rúa A Calexa de Celeiro.

Con motivo destes traballos, a partir do luns e durante o tempo de duración da obra, cortarase a vía entre a intersección coa rúa Grande e rúa Lavandeiras.

Así, o goberno local lémbralles aos veciños con garaxes na zona que, se o desexan, retiren os vehículos antes do inicio das obras para poder facer uso deles.

Dende o Concello de Viveiro pídense desculpas polas molestias que se poidan ocasionar, indicando que a Policía Local estará a disposición dos afectados informando de calquera cuestión relacionada co corte de tráfico referido.

ACTUACIÓNS

As obras consisten no aumento de sección de tubos que forman a rede de evacuación de augas residuais, dotación de rede separativa de pluviais e reposición de sumidoiros, reposición de abastecemento de auga potable, saneado de rede de alumeado público coa substitución do cableado e a eliminación do tendido existente polas fachadas.

ORZAMENTO

O proxecto tamén inclúe a dotación de canalización de suministro eléctrico e de telecomunicacións e maila pavimentación da rúa con formigón impreso antideslizante sobre soleira de formigón armado. O orzamento previsto para a obra é de 44.462,38 euros.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here