IniciosociedadeDous detidos por estafas e usurpación de identidade tras unha denuncia no...

Dous detidos por estafas e usurpación de identidade tras unha denuncia no Valadouro

Tamén se investiga a unha muller no marco da 'Operación Jariña', iniciada en Burela no pasado mes de marzo

Publicada o

- Advertisement -

A Garda Civil detivo o pasado día 10 no marco da ‘Operación Jariña’ a dous veciños de Lugo de 59 e 21 anos, ademais de imputar en calidade de investigada a outra muller de 52 anos, como presuntos autores dos delitos conexos de estafa (nove), usurpación de estado civil (18 veces) e falsidade documental por compra-vendas en Internet (dez ocasións).

Segundo informou o Instituto Armado, o equipo de investigación de Burela iniciou no mes de marzo do ano 2017 as pescudas en relación a un delito de estafa na compra dun teléfono móbil, o cal non se chegou a pagar ao vendedor, no termo municipal de O Valadouro.

VEHÍCULOS

Entre outros ilícitos, os detidos realizaban actividades de compra-venda de vehículos. Podes ler a nova completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...