Foz inicia as obras de remodelación do parque das Torres

A Deputación financia as actuacións, que incluirán a construción dunha pista multideporte, outra de skate e xogos infantís

Obras no parque das Torres. AXM

O Concello de Foz iniciou as obras para a construción dunha pista multideporte de herba artificial, outra de skate e xogos infantís do parque das Torres.

O alcalde de Foz, o popular Javier Castiñeira, explicou que a nova área multideporte servirá “para practicar fútbol, baloncesto ou calquera outro deporte nun recinto pechado”.

O rexedor precisa que se instalará tamén “unha pista de skate que era moi demandada por seguidores desta especialidade, de bicicleta ou de surf”. Ademais, renovarase a zona de xogos infantís, “que estaban moi desgastados”.

Dentro do Plan Único, a Deputación de Lugo financia integramente as actuacións, que superan os 142.000 euros e que aspiran a atraer a mocidade a esta zona.

O rexedor pide desculpas á veciñanza “porque durante semanas estarase traballando nunha obra de envergadura”. 

PINTADO DOS VIARIOS

A remodelación do parque supón unha segunda fase “dun proxecto de dinamización das Torres, despois do asfaltado da urbanización. Agora queremos dotar con este equipamento a esa zona e rematarase co pintado dos viarios unha vez acabe a obra”, precisa Castiñeira.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here