IniciosociedadeO Porta da Auga acredita experiencia en obras de interior, decoración e...

O Porta da Auga acredita experiencia en obras de interior, decoración e rehabilitación

O centro de Ribadeo é o único de Galicia que permitirá, desde o luns ao 7 de febreiro, obter certificacións a todos aqueles obreiros sen titulacións

Publicada o

- Advertisement -

O Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Porta da Auga, de Ribadeo, abrirá o luns o prazo para solicitar acreditación da experiencia en obras de interior, decoración e rehabilitación.

Trátase do único centro de Galicia que ofrece a posibilidade de que aquelas persoas que teñen experiencia pero non titulación nin documentación neste sector podan sacar unidades de competencia relacionadas co traballo que están desempeñando.

O CIFP Porta da Auga permite acreditar competencias na familia de edificación e obra civil, en concreto no ciclo medio de obras de interior.

Segundo explica o docente José Méndez de Andés, “hai moitos traballadores que teñen moitos anos de experiencia, moi bos profesionais pero que non teñen nada que lles poida acreditar esa formación. Desta maneira, presentando documentación (vida laboral, contratos de traballo, cursos) poden sacar unidades de competencia que convalidan parte dos módulos formativos do ciclo”.

A certificación require de completar unha proba na que os solicitantes deberán mostrar a súa capacidade, consistente en tarefas de alicatado, colocación de cartón xeso, traballos de pintura ou revestimento”.

Cartel da convocatoria. AXM

Méndez de Andés recomenda que os interesados vaian ao Porta da Auga para asesorarse, porque houbo cambios no protocolo e para presentar as solicitudes hai que utilizar unha plataforma que require do DNI electrónico ou da Chave365. A data límite para presentar as solicitudes é o 7 de febreiro.

NO 2018, PRETO DE 30 SOLICITUDES

No 2018 presentáronse preto de 30 persoas no Porta da Auga para obter acreditacións. “Había xente de Asturias, Cantabria, Zaragoza e ata de Alicante, que veu aquí porque Galicia é a única comunidade de España que saca acreditación de competencias na maioría das familias profesionais”, expón o profesor. 

“Para presentar presupostos a organismos públicos pídese que se presente algún tipo de titulación ou formación relacionada cos traballos a realizar”, destaca Méndez de Andés.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...