IniciosociedadeImaxes do século XVII ou un sagrario destacan na mostra da Semana...

Imaxes do século XVII ou un sagrario destacan na mostra da Semana Santa de Burela en Lugo

A sede da Deputación acolle unha exposición que espera axudar a que a cita relixiosa sexa declarada de Interese Turístico Galego

Publicada o

- Advertisement -

O Pazo de San Marcos, sede da Deputación de Lugo, acolle desde este venres a exposición ‘Semana Santa de Burela: hai un lugar para ti‘, que inclúe ducias de imaxes e unha exposición fotográfica desta cita relixiosa.

Entre as figuras que poden contemplarse en Lugo da Semana Santa burelesa destaca a da Virxe das Dores, de finais do século XVII, ou de María Magdalena, unha custodia de madeira de oliveira.

Tamén se inclúen na mostra, organizada pola asociación cultural Semana Santa en colaboración con Concello e Deputación, exemplos de vestimenta sacerdotal, un sagrario e dous mantos.

A Semana Santa de Burela conta cunha única confraría, a do “Santísimo Cristo e Maria Santísima das Dores”, que é a dinamizadora desta cita que concilia os oficios no interior do templo coas procesións na rúa.

ESTANDARTES DE PERÚ OU PORTUGAL DEMOSTRAN A PRESENZA DOS INMIGRANTES NA SOCIEDADE BURELESA

Entre os estandartes de devocións de Perú ou Portugal están presentes nas procesións, o que reflicte a presenza de inmigrantes.

DE INTERESE TURÍSTICO

A deputada de cultura do goberno provincial, Pilar García Porto, asegurou que a exhibición permitirá “que lucenses e visitantes descubran a cita e tamén promocionar a súa candidatura para que sexa declarada Festa de Interese Turístico de Galicia”.

No acto participaron tamén o alcalde de Burela, Alfredo Llano; a presidenta da asociación cultural Semana Santa, Oliva Cabanas; a subdelegada do Goberno central, Isabel Rodríguez, e o párroco de Burela, Jesús Álvarez.

“ESCAPARATE”

Llano agradeceulle á Deputación a súa implicación para facilitar “un bo escaparate, que dará a coñecer a Semana Santa de Burela”.

No pasado 2018, o Concello promocionou en Fitur unha cita que conta cunha gran afluencia de veciños e turistas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...