InicioSen categoríaA oficina de turismo de Viveiro recibiu 37.281 turistas durante o 2018

A oficina de turismo de Viveiro recibiu 37.281 turistas durante o 2018

O Concello cre que se está a acadar o obxectivo de converter o municipio "nun destino turístico durante todo o ano"

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro fixo balance do 2018 a nivel turístico. Segundo os datos ofrecidos polo goberno local, 37.281 visitantes achegáronse ao longo do pasado exercicio á oficina de turismo municipal.

Deses 37.281 turistas, 30.828 foron visitantes doutros puntos do Estado e 6.453 procedían do estranxeiro. Con todo, desde o Concello sinalan que este dato é “unha aproximación” ao potencial turístico do municipio, que só durante a fin de semana do Resurrection Fest atrae unhas 80.000 persoas.

Ademais, sinalan desde o equipo de goberno viveirense, os clientes da oferta hoteleira do municipio “adoitan facer uso da información turística que dende a oficina se remite aos establecementos, polo que non entran no cómputo referido”.

Outro dato que avala “os bos resultados” do pasado ano, sinala o executivo municipal, é a ocupación dos hoteis, que “alcanzou novamente o 100% en determinados momentos do ano e que, en xeral, rondou o 80 % ao longo de todo o periodo estival”.

O Concello tamén destaca “a cantidade de familias que teñen en Viveiro unha segunda residencia” e “as numerosas excursións organizadas” que pasan polo municipio.

No tocante a outras épocas do ano, desde o Concello aseguran que, “cando faltan poucos días para que peche, ‘Viveiro ante o Berce‘ cómpre sinalar que o noso belén volveu ser un éxito de público, ao que chegaron excursións de diversos puntos de Galicia e algún centro educativo”.

Así, asegura o Concello, “estase a conseguir que Viveiro sexa un destino turístico durante todo o ano, non só estacional, e que atrae a persoas con intereses moi diversos”.

INICIATIVAS PROMOCIONAIS

O goberno local subliña o “intenso traballo” da concellería de turismo, que participou en feiras como Fitur; Xantar, en Ourense, e Festur, en Silleda; World Travel Market, en Londres, á procura de tour-operadores; ou na Seatrade Cruise Med, en Lisboa, na que se estableceron contactos con navieras para promocionar Viveiro como punto de escala para os cruceiros que navegan polo Cantábrico.

Ademais, realizáronse xestións necesarias para conseguir que os hoteis OCA Puerta del Camino, de Santiago de Compostela, e OCA Palacio de la Llorea, de Xixón, organizasen unhas xornadas gastronómicas dedicadas á pescada do pincho.

En 2018, Viveiro volveu a formar parte dunha das etapas da Travesía Navega el Camino, formada por un máximo de trinta embarcacións que percorren o Camiño do Mar, dende Hondarribia a Compostela. Ademais, realizáronse unhas 40 visitas guiadas por diferentes recursos turísticos. 

VISITA DE 70 EMBARCACIÓNS ESCOCESAS

O goberno local anunciou que en xuño deste ano “está prevista chegada dun grupo de 70 persoas, procedentes de Escocia, que chegarán ata aquí por terra, coas súas embarcacións, e que permaneceran no noso municipio dous días pernoctando en establecementos hotaleiros, pero que veñen co obxectivo de desfrutar das posibilidades da nosa ría”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...