Fomento inicia as obras na N-634 entre Barreiros e Abadín

O proxecto, que afectará a 39 quilómetros de vía, ten un orzamento de 2,2 millóns

Obras na N-634 en Barreiros. AXM

O Ministerio de Fomento puxo en marcha o pasado mércores as actuacións previstas na N-634. O Goberno central está a realizar obras de reparación do firme no treito comprendido entre o punto quilométrico 572+280, situado en Barreiros, e o 611+610, que se ubica en Abadín.

A subdelegada do Goberno central en Lugo, Isabel Rodríguez, visitou as obras que se están a realizar, que de desenvolverán ao longo de 39 quilómetros e que contan cun orzamento de 2,2 millóns de euros.

PRAZO DE EXECUCIÓN DE CATRO MESES

Os traballos prolongaránse durante catro meses. Rodríguez lembrou que Fomento tamén realizará melloras no firme da N-VI, a N-120 e a N-540. Os traballos prolongaránse durante catro meses.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here