A Mariña honra en Mondoñedo aos represaliados polo franquismo

Descubriuse un monólito en homenaxe a Siervo, Graciano e Manuel e outras vítimas do fascismo

Descuberta do monólito. AXM

A Mariña Lucense rendiu homenaxe a Siervo González Rivas, Graciano Paz Amieiro e Manuel Rodríguez Núñez, asasinados polo franquismo hai oito décadas.

Ducias de persoas participaron nun emotivo homenaxe celebrado en Mondoñedo, onde se descubriu un monólito a carón do cemiterio vello na honra dos represaliados do fascismo.

A continuación, houbo unha mesa redonda na que participaron familiares das vítimas. Organizou o acto unha comisión veciñal que contou co apoio de todos os grupos da corporación municipal mindoniense, ademais de colectivos sociais e culturais da bisbarra.

3.000 REPRESALIADOS

Calcúlase que as vítimas do franquismo superan as 3.000 persoas na provincia de Lugo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here