IniciosociedadeCampaña de Nadal "mellor do esperado" en Ribadeo, con case 3.000 persoas...

Campaña de Nadal “mellor do esperado” en Ribadeo, con case 3.000 persoas na Festa do Comercio

O colectivo de empresarios subliña que se venderon 200.000 tiques, o dobre ca o ano pasado, para o sorteo de 5.000 euros celebrado o pasado sábado

Publicada o

- Advertisement -

Acisa Ribadeo celebra que a campaña de Nadal deixou uns resultados “bos e mellores dos que se esperaba”. O colectivo de comerciantes reuniu a case 3.000 persoas na oitava edición da Festa do Comercio, celebrada o pasado sábado.

Segundo expón o presidente da agrupación de empresarios ribadense, Francisco Iriarte, “as rifas da Festa do Comercio esgotáronse, foron un total de 200.000. Este ano repartíronse o dobre de boletos que o ano pasado, o que quere dicir que se mercou máis en Ribadeo”.

Tamén apoian o balance positivo que fai Acisa “os tiques de desconto da pista de xeo, 10.000, que se esgotaron antes do día de Reis; e tamén se acabaron as 20.000 bolsas que repartimos entre os nosos socios”, sinala Iriarte.

Outro dato que deixa ver o impacto da campaña de Nadal no comercio ribadense foi a asistencia á Festa do Comercio, na que Acisa repartiu entre os seus clientes 5.000 euros en vales de compra.

Premiados no sorteo de 5.000 euros. AXM

A afluencia de xente mesmo superou as previsións do colectivo. “Preto de 3.000 persoas se achegaron ao parque de San Francisco para seguir este importante sorteo de premios. Quedámonos curtos, pois tiñamos espazo para unhas 1.000, polo que pedimos desculpas e tomaremos nota para o próximo ano”, explica Iriarte.

Entre os premios sorteados houbo un non presencial, que segundo Acisa demostrou o tirón turístico e comercial de Ribadeo. “Desde onte estamos a recibir chamadas de teléfono de toda España preguntándonos polo resultado do sorteo”, asegura o colectivo. Finalmente, a gañadora foi Isabel Iriarte, que levou 1.000 euros.

Isaac Rodríguez e Sofía Folgosa levaron premios por importe de 250 euros, Marta Muñiz o de 500; María Antonia Barcia, o outro de 1.000, mentres que Olga Rivas obtivo o máximo reclamo do sorteo, 2.000 euros en vales de compra.

CERTAME DE CARTAS AOS REIS

No sorteo tamén se deu a coñecer o fallo do xurado do concurso de cartas e debuxos Queridos Reis Magos. Os gañadores foron Violeta Loredo e Javier Ferreiro, que recibiron como agasallos dous xoguetes de Din y Don e Bis a Bis, xogueterías asociadas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...