IniciosociedadeBNG de Barreiros e Concello de Lourenzá mobilízanse pola falta de pediatra

BNG de Barreiros e Concello de Lourenzá mobilízanse pola falta de pediatra

Anuncian iniciativas tras non suplir o Sergas á profesional que comparten os dous municipios con Mondoñedo, o que supón que "os nenos só son atendidos por especialistas en casos graves"

Publicada o

- Advertisement -

O BNG de Barreiros e mailo Concello de Lourenzá anunciaron medidas contra “as deficiencias” no servizo de pediatría que comparten os dous municipios xunto co de Mondoñedo.

Denuncian que a “ausencia xustificada da especialista está de novo sen substituír”, o que supón que “os nenos non están a ser atendidos por especialistas agás en casos de gravidade”.

Os nacionalistas barreirenses presentarán iniciativas no consistorio e no Parlamento galego para esixir a cobertura “inmediata e permanente” da especialista, o mesmo que reclamará ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) o goberno laurentino, que levará ao pleno un escrito consensuado coa veciñanza.

A voceira do BNG barreirense, Ana Ermida, indica que non se está a garantir o dereito das crianzas do municipio a ser atendidas por unha especialista en pediatría en caso de enfermidade.

No momento en que a persoa que presta o servizo no centro de saúde se ausenta -ben por enfermidade, ben polos lexítimos permisos ou vacacións- desaparece esa atención salvo en casos de extrema gravidade“, explica.

esixen a “cobertura inmediata e permanente da profesional” que ATENDE os tres municipios

Ermida expón que “en caso de consulta por enfermidade, os nenos son derivados aos médicos de cabeceira, que teñen unha importante sobrecarga de traballo consecuencia da falta de cobertura estable tamén nunha das prazas do centro de saúde”.

A voceira do partido frontista indica que, “se os médicos de familia deciden derivar aos menores ao Hospital Público da Mariña, tampouco serán atendidos por persoal pediátrico, senón por persoal facultativo de urxencias”.

Ademais, engade que “esta situación repítese se acoden ao Punto de Antención Contínua (PAC) de Ribadeo en primeira instancia, xa que tampouco existe dotación de pediatría no mesmo”.

“O Sergas pretende calmar a situación cubrindo puntual e residualmente algunhas horas das da pediatra actual para atender ás revisións establecidas e ao calendario de vacinacións. Pero a atención de diagnose e curación en idades temperás xustifican a especialidade de pediatría e a súa necesidade”, explica Ermida.

RETRASOS “DE DOUS MESES” NAS VACINAS

Semanas atrás, o PSOE barreirense denunciou “retrasos de dous meses” na vacinación dos pequenos en enfermidades establecidas segundo o calendario obrigatorio, “polo sobreesforzo da pediatra, que exerce no centro de saúde tres días á semana durante tres horas”.

XUNTANZA EN LOURENZÁ

O Concello de Lourenzá convocou unha xuntanza para o vindeiro venres, na que está previsto que se redacte un escrito para tratar no pleno e entregar á Xunta de Galicia.

A rexedora laurentina, a socialista Rocío López, explica pais e nais do municipio alertaron de que o servizo compartido con Barreiros e Mondoñedo “é totalmente insuficiente”.

A alcaldesa esixe “ter alomenos un pediatra cando nos corresponde” xa que, expón, “está a ocorrer que cando a especialista non está os nenos son atendidos por médicos de familia, sen formación específica”. A alternativa é, afirma López, “viaxar ao hospital de Burela ou incluso ir a unha consulta privada”.

Xuntanza en Lourenzá, cos veciños, a alcaldesa e o tenente de alcalde, Manuel Arango. AXM

López chama á veciñanza a unha xuntanza aberta -ás 20.30 horas no salón de plenos do consistorio- para “poñer en común todas as problemáticas e elaborar un texto que recolla todas as necesidades”.

A alcaldesa de Lourenzá adiantou a súa intención de poñerse en contacto “cos alcaldes de Barreiros e Mondoñedo, porque imaxino que eles tamén estarán recibindo as mesmas protestas e todos xuntos debemos ir da man”.

“O hospital da mariña debe ser dos poucos que non conta con pediatras no servizo de urxencias”, critica a plataforma

SEN URXENCIAS PEDIÁTRICAS NO HOSPITAL

A Plataforma na Defensa Sanitaria da Mariña tamén se pronunciou sobre esta situación para asegurar que, ante a ausencia da profesional, o “Sergas só habilitou un facultativo de familia unhas horas na quenda de tarde para atencións protocolizadas”.

O colectivo critica que a falta de pediatra nos centros de saúde agrávase “ao non dispoñer o servizo de Urxencias do hospital de pediatras, sendo un dos poucos centros hospitalarios -por non dicir o único- que carecen destes profesionais”.

O colectivo lembra que o problema non é novo, dado que ao longo do outono “fixéronse efectivas máis de 200 reclamacións por este motivo”.

a xunta xustifícase “na falta de pediatras nas listaxes de contratación”

MÁIS DE 8.700 HABITANTES

O termo municipal de Mondoñedo conta con 3.639 habitantes, polos 2.181 de Lourenzá e os 2.941 de Barreiros, segundo os datos de 2018 do Instituto Nacional de Estatística (Ine).  

O SERGAS: “OS MÉDICOS DE FAMILIA ESTÁN CAPACITADOS”

Fontes do Sergas afirma que “a asistencia está garantida” xa que “tentamos sempre substituír aos profesionais e contamos co apoio dos médicos de familia, perfectamente capacitados“.

O termo municipal de Mondoñedo conta con 3.639 habitantes, polos 2.181 de Lourenzá e os 2.941 de Barreiros, segundo os datos de 2018 do Instituto Nacional de Estatística (Ine).  

As mesmas fontes reiteran que substitución dos profesionais “é complicada pois hai falta de pediatras nas listaxes de contratación“. 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...