IniciosociedadeLourenzá dinamizará con actividades tres parroquias do rural

Lourenzá dinamizará con actividades tres parroquias do rural

O goberno local organizará ata maio obradoiros de novas tecnoloxías, ximnasia de mantemento ou artes decorativas nas fegresías de San Xurxo, San Tomé e Santo Adrao

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Lourenzá impulsa, en colaboración coa Deputación de Lugo, un programa de dinamización en tres parroquias, con actividades de novas tecnoloxías, ximnasia de mantemento, pilates, manualidades e artes decorativas.

San Xurxo, San Tomé e Santo Adrao serán as fegresías beneficiadas no proxecto, que se desenvolverá desde o 11 de febreiro ata maio.

As persoas adultas poderán inscribirse a un total de cinco cursos e os tres máis votados serán os que se realicen. As actividades serán de balde para as persoas participantes, cunha duración de dúas horas á semana.

ANOTAN ATA O 8-F

O prazo de inscrición permanece aberto desde este luns ata o 8 de febreiro. Anotan na biblioteca municipal de Lourenzá, de luns a venres de 17.00 a 20.00 horas.

O goberno local sinala que o obxectivo é dotar á veciñanza dunha maior e mellor oferta de actividades de formación, ocio e tempo libre.

XUNTANZA LÚDICA

Realizaranse dous tipos de accións: a oferta de actividades de lecer e formación e, ao final do programa, unha xuntanza lúdica con todas as persoas que participen no programa.

Segundo o executivo municipal, as actividades contribuirán a “mellorar as relacións sociais das persoas do rural de Lourenzá como base para a súa participación social e o fortalecemento da comunidade”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...