Refachos de vento de 98 quilómetros por hora en Viveiro e de 93 en Burela

O aviso laranxa, con previsión de ondas por riba dos cinco metros, manterase ata ás 21.00 horas, cando o nivel de advertencia baixará a amarelo

A Mariña estará este xoves en alerta laranxa pola chegada da borrasca "Miguel". AXM

A estación meteorolóxica de Penedo do Galo, en Viveiro, rexistrou nas primeiras horas da mañá deste mércores refachos de vento de 98,2 quilómetros por hora.

Burela tamén figura entre os puntos de Galicia nos que máis velocidade acadou o vento, con refachos de 93,5 quilómetos por hora.

RISCO “IMPORTANTE”

A Mariña manterase durante a xornada en aviso laranxa cun nivel de risco importante por fenómenos meteorolóxicos non habituais. Agárdanse ondas por riba dos cinco metros no litoral, con ventos fortes na costa e zonas altas.

Segundo Meteogalicia, a situación remitirá a partir das 21.00 horas no que o risco baixará a nivel amarelo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here