O PSOE de Foz denuncia que “faltan efectivos” na Policía Local, con “só sete axentes”

Os socialistas alertan de que "é imposible prestar un servizo completo" con ese persoal

Coche da Policía Local de Lugo (foto de arquivo). FORO POLICÍA

O PSOE de Foz advirte do “colapso” da Policía Local, que ao entender dos socialistas carece de “persoal, medios e material“.

Os socialistas aseguran que o número de traballadores minguou nas últimas datas. “Hai falta de efectivos nas rúas. Un dos membros do corpo está en comisión de servizos noutra localidade, ao que se sumou a recente xubilación dun dos policías, co que se reduciu o número de axentes a sete“, explican. 

O candidato a alcaldía polo PSOE de Foz, Fran Cajoto, asegura que “non é posible prestar un servizo completo, 24 horas, sete días á semana, con tan poucos axentes. Este pasado verán non se reforzou o cadro de persoal, o que fala da falta de previsión do Concello”, argumenta. 

CARENCIA DE MEDIOS E MATERIAL

No tocante aos medios, os socialistas sosteñen que o corpo “carece de garaxes para estacionar os vehículos e de equipamento axeitado para facer as súas tarefas”.

PROXIMIDADE

Cajoto subliña a importancia da Policía Local, “que pola súa proximidade é o primeiro corpo que chega a multitude de accidentes e incidencias”. 

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here