(VÍDEO) O Resu, a rapa de Candaoso ou o Ribadeo Indiano locen en Fitur da man de Martín Barreiro e a Deputación

O goberno provincial presentou na feira o seu novo vídeo promocional, que percorre as festas da provincia da man do popular meteorólogo lucense

Martín Barreiro. DEPUTACIÓN DE LUGO

A Deputación presentou este xoves na Feira Internacional do Turismo (Fitur) o spot audiovisual da campaña ‘Lugo, Moito por celebrar‘, no que o popular home do tempo lucense Martín Barreiro percorre varios atractivos turísticos da provincia.

A peza audiovisual enmárcase no proxecto ‘Lugo Cambia‘, iniciado hai tres anos, e percorre, entre outras, festas como a Romaxe Viquinga do Vicedo ou o Ribadeo Indiano, ademais de mostrar festivais como o Resurrection Fest de Viveiro ou feiras gandeiras como a Rapa das Bestas de Candaoso.

Barreiro explicou que “dende o primeiro momento no que me propuxeron participar neste marabilloso proxecto sentinme honrado e ilusionado“.

“Pero non me imaxinaba naquel momento o verdadeiramente intenso da aventura. Foi unha viaxe chea de descubrimentos e de emocións. Lugo ten verdadeiras marabillas, pero o mellor de Lugo son os lucenses que dan vida ás súas festas”, explicou.

NA PROVINCIA “CABEN VARIOS MUNDOS”

O presidente da Deputación, Darío Campos, sinalou que “na provincia caben varios mundos. Podemos gozar de máis de 100 quilómetros de costa, con praias catalogadas como xoias mundiais; o maior espazo natural de Galicia, Os Ancares e O Courel; Patrimonios da Humanidade como a muralla da cidade ou as catedrais de Lugo e Mondoñedo; ou unha das maiores concentracións do románico, na Ribeira Sacra”.

Presentación do vídeo promocional da Deputación. AXM

PRESENTACIÓN

Barreiro e Campos presentaron o novo vídeo promocional xunto ás alcaldesas dos concellos de Lugo, Lara Méndez, Viveiro, María Loureiro, e o rexedor de Monforte de Lemos, José Tomé Roca. Tamén estivo na presentación o deputado de Turismo Eduardo Vidal Baamonde.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here