IniciosociedadeO BNG de Barreiros alerta do "buraco negro" do Concello, con case...

O BNG de Barreiros alerta do “buraco negro” do Concello, con case 600.000 euros de facturas pendentes

Os nacionalistas critican que a débeda no tocante aos pagos "subiu un 25% no pasado 2018"

Publicada o

- Advertisement -

O BNG de Barreiros denuncia “o burato negro económico” que, asegura, “fai perigar a sustentabilidade do concello”.

Os nacionalistas precisan que o goberno barreirense levará ao pleno do vindeiro luns un recoñecemento extraxudicial de crédito de facturas pendentes que supera os 566.000 euros, correspondentes ao exercicio 2018.

A voceira e candidata do grupo municipal do BNG, Ana Ermida, afirma que “a esta cantidade debemos sumarlle 28.000 euros que contempla o orzamento do 2019 para investimento en alumeado, e que o propio alcalde recoñece na memoria presentada que son para gastos do ano pasado”.

Segundo explica o Bloque, en xaneiro do 2018 “o goberno municipal recoñecía 467.955,14 euros sen pagar do 2017 para cargar contra o orzamento do ano seguinte. Este ano, o importe de facturas sen pagar increméntase en practicamente 100.000, un 25%”, critica Ermida.

A voceira dos nacionalistas asegura que acumular débedas é “unha práctica habitual do goberno do PP” e advirte de que “se para pagar esas facturas pendentes restamos crédito do orzamentado para 2019, sen que esa necesidade se contemple nos mesmos, supón que se empeza o ano con moitos menos cartos para facer fronte aos gastos en curso”.

Ermida acusa ao alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente Parga, de “arruínar Barreiros. Dá a sensación de que o que pretenden é deixar o Concello nun estado lamentable para impedir que quen veña detrás poida reverter a situación”, conclúe.

VIOLENCIA DE XÉNERO

Pola súa banda, o PSOE de Barreiros criticou a negativa do rexedor a debater unha proposta no pleno para “combater o terrorismo machista“.

A proposta dos socialistas pasaba por “manifestar a repulsa a todas as manifestacións de violencia de xénero, e o rexeitamento a calquera posicionamento político e acordo que propugne a eliminación das medidas de protección das mulleres” recollidas no Pacto de Estado nesta materia.

A voceira e candidata do PSOE barreirense, Carmen Veiga, lamentou que “o PP de Barreiros decide non tocar este tema porque considera que non incumbe aos nosos veciños“. Por iso, demanda “unha rectificación” do goberno local para que se poida debater a moción na sesión plenaria.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...