Ribadeo investirá 25.000 euros no saneamento parcial da parroquia de Cinxe

Realizaranse sete cruces en varios camiños para posteriormente aglomerar en quente

Fernando Suárez Barcia. AXM

O Concello de Ribadeo investirá 25.500 euros no saneamento parcial da parroquia de Cinxe.

As actuacións consistirán na realización “dunha serie de cruces de saneamento en varios dos seus camiños, porque dentro de pouco queremos aglomerar en quente. Para non ter que romper o traballo que vaiamos facer, previamente queremos ter deixado estas tubaxes de saneamento ben colocadas”.

VINTE DÍAS PARA PRESENTAR OFERTAS

A obra realizarase con cargo a fondos municipais, e as empresas dispoñen dun prazo de 20 días para presentar as súas ofertas. O prazo de execución destes traballos, que se desenvolverán nun total de sete cruces, será dun mes.

As empresas cualificadas que queiran presentarse ao concurso poderán facelo a través da plataforma de contratos do Estado ou da propia páxina web do Concello.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here