IniciosociedadeNovas Xeracións organiza en Burela un foro sobre o impacto do Brexit...

Novas Xeracións organiza en Burela un foro sobre o impacto do Brexit na pesca

Expertos falarán sobre o escenario que afronta o sector na comarca coa saída do Reino Unido da Unión Europea

Publicada o

- Advertisement -

O impacto de Brexit sobre a pesca será o tema de debate da xornada que se desenvolverá o sábado 26 de xaneiro na Casa do Mar de Burela.

O xerente da Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo (OPP), Sergio López, a directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Mercedes Rodríguez Moreda, e o catedrático de Dereito Internacional da Universidade da Coruña, José Manuel Sobrino Heredia, participarán no foro, organizado por Novas Xeracións.

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, clausurará a charla, que comezará ás 11.00 horas no Salón de Actos.

IMPACTO NA COMARCA

A formación xuvenil do Partido Popular explica que o coloquio trata de “transladar respostas á xente do mar” ante as “incertezas” ás que se enfronta o sector pesqueiro coa saída do Reino Unido da Unión Europea.

O responsable de NNXX, Aitor López, subliñou que se trata dun tema que “afecta de cheo” á comarca.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...