Mondoñedo investiu 40.000 euros na mellora da estación de bombeo da depuradora

Os traballos incluíron a mellora do funcionamento da planta e o acondicionamento da contorna

Interior das instalacións renovadas. AXM

O concello de Mondoñedo deu por concluídas as obras de mellora da estación de bombeo que impulsa as augas residuais á depuradora municipal, situada no lugar do Coto da Recadieira.

Os traballos afectaron aos equipos de funcionamento e aos dispositivos de elevación da auga, así como ao sistema de pretratamento dos residuos coa instalación dun cestón de grosos, que realiza o primeiro filtrado dos residuos.

Ademais, as obras incluíron a limpeza e adecuación da contorna das instalacións. Renováronse os pechamentos exteriores da planta e substituíuse o solo no recinto.

INVESTIMENTO DE 40.000 EUROS

As actuacións, que comezaron en novembro, supuxeron un investimento de 40.000 euros, procedentes do Fondo de Compensación Territorial que financia a Xunta de Galicia.

A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, explicou que o concello está a manter reunións periódicas con responsables da empresa Aqualia, encargada da xestión dos servizos de auga e saneamento no municipio, para garantir a prestación dos servizos “nas mellores condicións”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here