O Ribadeo de Tapeo, do 11 ao 19 de maio, presentado en Fitur

A agrupación de hostaleiros de Barreiros mantivo encontros con oito axentes do sector turístico

Presentación de Ribadeo Indiano. AXM

O Concello prensetou o cartel e as datas do Ribadeo de Tapeo 2019, que se celebrará do 11 ao 19 de maio, na Feira Internacional do Turismo (Fitur). 

A concelleira de desenvolvemento local, turismo e comercio, Ana Martínez, contou que “neste marco de promoción turística como é Fitur, quixemos traer desde o Concello de Ribadeo tamén a promoción dun dos proxectos máis importantes e un dos máis antigos da provincia e de toda Galicia, que arrancou xa hai uns anos, como é o Ribadeo de Tapeo”.

CASE 50 ESTABLECEMENTOS

Case 50 establecementos participan ano tras ano no Ribadeo de Tapeo. Martínez agradeceu aos locais El Piano e El Oviedo, premiados no 2018 e que foron os encargados de ofrecer o cóctel que se degustou na presentación do Ribadeo Indiano na sede da Xunta de Galicia en Madrid, a Casa de Galicia.

HOSTALERÍA DE BARREIROS

A Asociación de Hostaleiros de Barreiros fixo balance do seu paso por Fitur. O colectivo quedou satisfeito despois de entrevistarse con oito axentes do sector turístico.

Con motivo da visita, a agrupación elaborou tarxetas e un folleto para sinalizar e localizar o municipio no mapa.

Representantes da hostalería barreirense en Fitur. AXM

No tocante ao Camiño norte, os hostaleiros comprobaron que cando se dan finais de etapa en Barreiros contrátanse hospedaxes en Ribadeo, o que supón trasladar aos peregrinos a unha localidade pola que xa pasaron. Así, ven aí unha oportunidade de negocio de saber promocionar a hostalería barreirense.

O colectivo mantivo tamén encontros cunha central de reservas de restaurantes para grupos concertados e cunha cadea de aloxamentos independentes que operaran baixo un mesmo paraugas de venta, con axencias maioristas e minoristas, “o que multiplicaría as opcións de reservas”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here