IniciosociedadeTrabada celebra 40 anos de democracia cun agradecemento ás súas corporacións

Trabada celebra 40 anos de democracia cun agradecemento ás súas corporacións

O fillo do falecido Célso Currás ou José Manuel Yañes participaron no evento, que organizou o Concello con motivo dos 40 anos das primeiras eleccións municipais

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Trabada celebrou este domingo unha recepción aos membros das dez corporacións municipais que tivo o municipio ao longo dos anos de democracia.

A alcaldesa trabadense, a socialista Mayra García Bermúdez, convocou na casa da cultura a máis de 50 persoas que representaron aos veciños desde as primeiras eleccións municipais, no 1979.

O fillo do falecido Celso Currás, primeiro alcalde trabadense durante a Transición cunha candidatura independente, e José Manuel Yañes Ginzo, que foi primeiro edil 24 anos, participaron no acto. Non puido acudir Ramón Villapol, do PP e rexedor durante dúas lexislaturas.

“A democracia supuxo un éxito extraordinario, xa que pouco ten que ver o noso concello co de hai 40 anos“, explicou a alcaldesa, que exerce como tal desde 2015 e que é a primeira muller en ostentar dito cargo no municipio.

A rexedora agradeceu “o compromiso” dos presentes e dos ausentes. “Sinto unha gran admiración por todos vós”, asegurou, para engadir que “temos un reto por diante, o dos concellos rurais, que é a despoboación“.

Ángel Curras, fillo de Celso Currás, tamén interviu para subliñar que na primeira corporación trabadense “aparcábanse os posicionamentos partidistas dunha mellora para o pobo”.

O popular Yañes Ginzo, pola súa banda, asegurou que durante as súas máis de dúas décadas na alcadía atopou sempre “ánimo e colaboración” por parte das outras cores políticas.

54 EDÍS

Cincuenta e catro persoas participaron nas corporacións trabadenses ao longo dos últimos 40 anos. Nove desas persoas faleceron. Os asistentes recibiron un diploma en agradecemento á súa dedicación.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...