Ribadeo investirá 34.000 euros en mellorar as rúas Carlos III e Sor Pilar de León

O goberno local quere realizar as actuacións do 2 ao 6 de marzo e as empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata o 4 de febreiro

Rúa Sor Pilar de León. AXM

O Concello de Ribadeo acometerá obras de mellora nas rúas Carlos III e Sor Pilar de León. Trátase da reparación do pavimento, pintado e sinalización deses vieiros, traballos que suporán un investimento de 34.000 euros.

Os viais teñen fochancas e problemas coa auga. A intención do goberno local é humanizalas con aglomerado asfáltico

O alcalde ribadense, o nacionalista Fernando Suárez Barcia, engadiu que “queremos darlle un novo impulso a toda esta zona, que é certo que se encontraba nunha situación que non era o máis agradable para ser un punto urbán relativamente céntrico, e queremos que á volta dunhas semanas se lle cambie a faciana totalmente”.

ZONA ESCOLAR

O Concello quere realizar as obras do 2 ao 6 de marzo, para non molestar a actividade no colexio Sagrado Corazón, que se atopa nesa zona. As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata o vindeiro 4 de febreiro.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here