Castiñeira urxe á Xunta a reparar a estrada que une Fazouro e San Acisclo

O alcalde de Foz resalta que se trata "dunha vía vertebradora" da Mariña central e alerta do seu "perigo, co desprendemento de taludes"

LU-151. GOOGLE MAPS

O Concello de Foz reclama á Xunta de Galicia que arranxe “canto antes” a estrada LU-151, que une Fazouro e San Acisclo e na que se produciu “xa algunha caída de taludes”.

O alcalde, o popular Javier Jorge Castiñeira, lembra que se trata dunha vía “vertebradora, que bordea o río Ouro e une a zona sur do municipio, ademais de partes doutros concellos coa costa, con Fazouro, co viario das diferentes praias e tamén co Hospital Público da Mariña”.

O REXEDOR SINALA QUE A VÍA SERVE DE ACCESO ÁS PRAIAS E AO HOSPITAL E “É MOI USADA POR VECIÑOS DO VALADOURO E ALFOZ”

Así, o rexedor explica que a estrada, de titularidade autonómica, “é moi usada non só por veciños de Fazouro, San Acisclo e Santa Cilla, senón por todos os do municipio de Foz, ademais dos de doutros concellos coma O Valadouro e Alfoz”.

O alcalde focego asegura que a vía está “en mal estado e necesita do arranxo”, e recorda “que xa houbo varios requirimentos por parte do pleno porque xa se produciu incluso algunha caída de taludes”.

PROXECTO “AVANZADO”

Dado “o perigo”, Castiñeira urxe á consellería de Infraestruturas e Mobilidade a licitar “un proxecto que sabemos que ten bastante avanzado, e dotar economicamente cunha partida orzamentaria esta obra, que sabemos que será de envergadura”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here