Gabriel deixa 146 qm/h na Estaca de Bares e Aemet advirte: “é un dato serio”

A axencia considera como "refachos furacanados" aqueles que superan os 120 qm/h de velocidade

Estaca de Bares. AXM

EFE / A borrasca Gabriel, formada por un proceso de cicloxénese explosiva, alcanzou os 146 quilómetros por hora na Estaca de Bares (A Coruña), un dato que a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) califica de “serio”.

Rubén del Campo, voceiro da axencia, instou a non menosprezar a cifra, dado que “a partir de 120 quilómetros por hora xa se considera un refacho furacanado.

O fenómeno meteorolóxico adverso, nomeado Gabriel por Meteo France, é a sétima borrasca fonda da tempada outono-inverno, e formouse, advertiu del Campo, “moi rapidamente”.

CARA O INTERIOR

Gabriel móvese cara o interior de Europa, pero ao longo desta noite aínda “haberá que ter coidado con fortes refachos de vento e de mal mar”, con ondas que poden alcanzar entre os sete e os oito metros.

A borrasca obrigou a activar a alerta laranxa na Mariña Lucense tanto por vento como por temporal costeiro. Aemet manterá o aviso deste nivel en toda a cornixa cantábrica durante o mércores. 

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here