A Mariña continúa este mércores en alerta laranxa por temporal costeiro

Agárdase mar combinado con ondas de entre cinco e seis metros

A Mariña estará este mércores en alerta laranxa por temporal costeiro. AXM

Xunta de Galicia amplía este mércores a alerta laranxa vixente por temporal a todo o litoral galego.

Segundo informou o Goberno galego nun comunicado, en relación ás indicacións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), están e nivel laranxa o litoral noroeste e oeste da provincia da Coruña e o tamén o lucense. Espérase mar combinado do noroeste con ondas de cinco a seis metros.

A causa do temporal costeiro, o Executivo autonómico aconsella a suspensión das actividades pesqueiras e marisqueiras como “medida preventiva” naquelas zonas máis perigosas.

CONSELLOS

Tamén recomenda que “se extremen as medidas de seguridade” á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

Entre as recomendacións a Xunta inclúe evitar os percorridos polas instalacións portuarias, en especial en zonas de perigo como diques e escaleiras de acceso aos diques e peiraos, entre outros. A iso engádese non pasear preto dos bordos litorais, paseos marítimos e zonas próximas ao mar, sobre todo nas batidas polo vento.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here