IniciosociedadeA RPT retomarase o 5 de febreiro e Llano nega "presións" aos...

A RPT retomarase o 5 de febreiro e Llano nega “presións” aos traballadores

O alcalde de Burela móstrase "sorprendido" de que os empregados municipais sigan coas protestas cando hai "unha convocatoria oficial" e aféalle ao PP "politizar unha cuestión laboral"

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Burela, o socialista Alfredo Llano, precisou este mércores que as negociacións pola Relación de Postos de Traballo (RPT) que reclaman os traballadores do Concello comezarán o 5 de febreiro.

O rexedor mostrouse “sorprendido” polo feito de que os empregados continuasen este mércores as súas protestas fronte ao consistorio, “cando están convocados oficialmente a negociar o que solicitan para dentro duns días”.

Llano subliña que cumpriu o acordado coa convocatoria da reunión. “Na última xuntanza da mesa de negociación quedaramos en que íamos iniciar as conversas a primeira semana de febreiro, e así vai ser”. O primeiro edil burelés asegura que “hai un documento base e a partir de aí iremos avanzando”.

O alcalde saíu ao paso das críticas do PP de Burela, que o pasado martes acusouno de “presionar” ao “persoal municipal máis vulnerable” dentro do conflito laboral aberto pola RPT.

“BAIXÍSIMO NIVEL”

Xamais presionei a ningún traballador en ningún aspecto. Dicir iso é unha barbaridade”, sostén, para afearlle ao PP “que saia insidiando e demostre un baixísimo nivel”.

Llano afirma que “o único alcalde do Concello de Burela que despediu a persoal foi Chema González Barcia; botou a unha orientadora laboral, cunha indemnización bastante alta, e deixou unhas herdanzas negativas no comedor do Vista Alegre cando decidiron prescindir de empregados municipais”.

Llano manifestou o seu desexo de que se “normalice a situación” e de que “un asunto que é laboral non se desvíe a cuestións políticas”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...