Os independentes de Foz piden ubicar o auditorio no solar de Vialmar

FPF insta ao goberno a comprar uns terreos "máis axeitados ca horta do asilo" pola súa capacidade para acoller un aparcadoiro

Solar de Vialmar. GOOGLE MAPS

Foz Plataforma de Futuro (FPF) rexistrou unha moción para que o goberno municipal busque financiación e faga os trámites necesarios para construír un auditorio no solar de Vialmar, fronte á casa da cultura.

O grupo independente súmase así ao BNG focego, que rexistrara unha iniciativa para que o Concello consultase a compra do solar desta zona. Independentes e nacionalistas consideran que sería unha ubicación axeitada, fronte á intención do goberno local de levantar a instalación na horta do asilo.

FPF E BNG PIDEN ESTA UBICACIÓN MENTRES O GOBERNO LOCAL APOSTA POR CONSTRUÍR A INSTALACIÓN AO PÉ DO XERIÁTRICO

O voceiro de FPF, Luis Alfonso Sixto Legaspi, considera que o espazo anexo ao xeriátrico non se trata da mellor opción, “sobre todo pensando nas zonas de aparcamento e nos accesos para dar uso a un auditorio que traería moitos veciños dos pobos cercanos”.

O ALCALDE “FIXO CAMPAÑA”

Sixto Legaspi aféalle ao alcalde, o popular Javier Castiñeira, que malia que FPF presentou unha iniciativa para a construción do auditorio, que foi aprobada pola corporación, o rexedor “aproveitou este tema para facer campaña, explicando que fixera xestións fronte ao presidente da Xunta de Galicia para este fin”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here