Ribadeo remata as obras para evitar filtracións de auga no pavillón

A instalación, estreada no 2014, tiña problemas na planta baixa e no primeiro andar, onde se ubica a sede de Amigos da Gaita

Pavillón de Ribadeo. AXM

O Concello de Ribadeo rematou as obras realizadas na cuberta do pavillón polideportivo da rúa Alfredo Deaño. O concelleiro de deportes, David Rivas, salientou que con estes traballos “deuse solución ás filtracións de auga que sufría o edificio”.

A instalación, estreada en marzo do 2014, tiña problemas na planta baixa, pero tamén no local que a asociación Amigos da Gaita ten no primeiro andar.

Así, expón Rivas, con estas actuacións “vaise solucionar dunha vez por todas os graves problemas de filtracións de auga que sufría este edificio”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here