IniciosociedadeRetiran en Burela un tramo de tubaxe á deriva "perigoso para a...

Retiran en Burela un tramo de tubaxe á deriva “perigoso para a navegación”

Salvamento Marítimo levou ao peirao burelés un tubo de 20 metros que supostamente procede "dun emisario dunha piscifactoría"

Publicada o

- Advertisement -

Unha embarcación de Salvamento Marítimo recuperou un tramo de tubaxe que se atopaba á deriva e, posteriormente, trasladouno ao porto de Burela.

Segundo informou Salvamento Marítimo na tarde deste xoves, o ‘Salvamar Alioth‘ recuperou un tramo de tubaxe á deriva “perigoso para a navegación” atopado “a 500 metros de Cabo Burela”.

O tramo medía case “20 metros” e, supostamente, “procedía dun emisario dunha piscifactoría“. Foi trasladado ao peirao burelés para a súa retirada.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...