O pleno de Alfoz apoia por unanimidade a moción da plataforma sanitaria

O colectivo lembra que a reclamación dun servizo de pediatría de calidade "segue a ter plena vixencia" malia que o Sergas cubriu a especialista de Mondoñedo, Lourenzá e Barreiros

Exposición da moción da plataforma. AXM

O pleno de Alfoz aprobou por unanimidade a moción que a Plataforma na Defensa Sanidade Pública da Mariña está a presentar nos concellos da bisbarra para esixir un servizo de pediatría de calidade.

O colectivo sanitario resaltou que malia que o Sergas cubriu este xoves a baixa da profesional que atende as crianzas de Mondoñedo, Lourenzá e Barreiros, a moción seguía a ter plena vixencia pois “só se trata dun parche para calmar a intensa contestación social que espertou este grave problema sanitario”.

Foron as nais e pais destas localidades quen conseguiron que a Xerencia de Lugo recapacitase e cubrise esta baixa, xa que a gran mobilización que xurdiu comezaba a exercer un efecto contaxioso sobre o resto de localidades”, explicou a voceira da plataforma, Montse Porteiro.

A plataforma agradeceu especialmente “o voto favorable do Partido Popular, en contra da liña que vén mantendo esta organización”.

MANIFESTACIÓN

Segue aberto o prazo para reservar praza nos autobuses que a plataforma fletará para acudir á manifestación en Santiago de Compostela convocada por Sos Sanidade Pública, o 10 de febreiro.

CIG Saúde-A Mariña emitiu un comunicado no que apoia a protesta e anuncia que tamén porá autobuses de balde aos interesados en participar da manifestación.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here