Foz valora ampliar o aforo da cea do Entroido tras esgotarse as 800 entradas en dúas horas

Algúns veciños esperaron pola entrada desde as 6.30 horas e quedan 180 persoas en listaxe de espera, que o Concello espera poder ubicar

Colas media hora antes de comezar a venta. CONCELLO DE FOZ

O Concello de Foz esgotou en pouco máis de dúas horas as 800 entradas postas á venta para asistir a cea de coroación da raíña do Entroido. O goberno local “valora ampliar a carpa cara o aparcadoiro” para poder acubillar as 180 persoas -a cifra seguirá en aumento- que están en listaxe de espera.

A venta de entradas comezou ás 9.00 horas pero, segundo precisa o alcalde, o popular Javier Castiñeira, “xa había veciños facendo cola ás 6.30 da mañá para recoller os seus tíckets”. Ás 11.30 non quedaban boletos.

O rexedor apunta así a intención do Concello de estudar a posibilidade de ampliar aforo, dada a crecente demanda. Nos últimos oito anos o número de participantes aumentou das 150 ás 800 persoas.

Castiñeira mostrouse satisfeito “coa ilusión que está a xerar esta cita do Entroido, posto que nas últimas edicións creáronse moitas peñas”.

RAÍÑA E DAMAS DE HONRA

A cea de coroación da raíña do Entroido celebraráse o sábado, 16 de febreiro. Sabela Pico Lombán será coroada no evento, con Lorena Legaspi Rodríguez e Nerea Rodríguez Rouco como damas de honra.

un grupo de veciños pide unha opción vegana no menú da cea, tal e como houbo o pasado ano

PROTESTA DOS VEGANOS

Un grupo de veciños queixouse da eliminación da opción vegana e vexetariana no menú deste ano, unha posibilidade que “si se ofreceu o ano pasado“. Consistía en ensalada de aguacates, potaxe de garavanzos e macedonia

O colectivo lamenta que “as persoas veganas, vexetarianas, celíacas ou que por motivos de saúde ou elección persoal non comemos carne tamén queremos desfrutar do Entroido”, e pide ao Concello que reconsidere a oferta do menú. 

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here