IniciosociedadeConcello de Burela e sindicatos aspiran a que a RPT saia de...

Concello de Burela e sindicatos aspiran a que a RPT saia de cada área municipal

Consideran o documento base "pouco específico" e achegarán cadansúa proposta de organigrama na vindeira reunión, o 19 de febreiro

Publicada o

- Advertisement -

Concello de Burela e representantes dos traballadores municipais levarán cadansúa proposta de organigrama á vindeira reunión das negociacións da Relación de Postos de Traballo (RPT), que se celebrará o 19 de febreiro.

Na xuntanza deste martes, goberno local e sindicatos valoraron un “documento base que se nos presentou por parte dunha empresa á que se lle encargou a elaboración da RPT. Cremos que lle faltan especificacións, sobre todo no organigrama dos postos de traballo”, indicou o alcalde de Burela, o socialista Alfredo Llano.

Así, informou o rexedor, “quedamos en que cada área de traballo do Concello traia un estudo de como debe ser o esquema para cada unha delas. Imos tratar de facer un organigrama de postos de traballo que sairá de cada departamento”, precisou.

VALORACIÓN DOS POSTOS

Llano explicou que se abordaron “temas como é a valoración dos postos de traballo, onde imos ter unha comisión de seguimento de negociación, con técnicos que nos poidan asesorar ao mesmo tempo no que imos elaborar”.

O rexedor afirma que “chegamos á conclusión de facer un mesmo modelo para valorar todos os postos con criterios como poden ser a experiencia, os títulos educativos e a responsabilidade. Todo iso dálle un valor en puntuación, e quedamos, por unanimidade, en facer iso”, sinalou.

“ACELERAR” O PROCESO

No tocante ao programa de xuntanzas, o rexedor subliñou que “imos intentar acelerar e facer as reunións que poidamos. Ao mellor non no mes de febreiro, pero en marzo teremos outra”, anunciou.

Llano valorou que “foi unha xuntanza fluída e respectuosa, cun obxectivo común que é elaborar o documento da RPT no Concello de Burela nas mellores condicións posibles”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...