IniciosociedadeMondoñedo celebrará o Entroido o 9 de marzo con orquestras e 5.000...

Mondoñedo celebrará o Entroido o 9 de marzo con orquestras e 5.000 euros en premios

Aberto o prazo para participar no desfile, no que Concello e Aciam repartirán 29 galardóns

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Mondoñedo e a Asociación de Comerciantes e Industriais (Aciam) presentaron o cartel do desfile de Entroido, que se celebrará o sábado 9 de marzo e durante o que se repartirán 5.000 euros en premios.

O desfile celebrarase a partir das 17.30 horas. Sairá do Campo dos Paxariños, encabezado pola carroza da raíña do Entroido, e percorrerá a Avenida San Lucas e as rúas Obispo Sarmiento, Andrés Baamonde e Progreso. Rematará na Praza da Catedral.

A alcaldesa, a popular Elena Candia, xunto ao edil de educación, mocidade e novas tecnoloxías, Alberto García; e ao presidente da Aciam, Ángel Marful, presentaron os festexos deste ano, nos que esperan “participantes chegados de diferentes puntos da comarca e mesmo de fóra da Mariña”, explican.

PREMIOS

A bases do Entroido mindoniense establecen a posibilidade de participar en función da idade, nas categorías infantil -para menores de doce anos– ou adultos. Tanto en adulto como infantil haberá concurso individual e por parellas

No apartado de grupos infantís, máis da metade dos seus compoñentes deben ser menores da idade establecida.

Os adultos poderán anotarse a nivel colectivo nas seguintes categorías: comparsas e charangas; grupos de tres a dez membros e de máis de dez membros.

A organización repartirá 5.000 euros entre 29 premios: seis deles na categoría de comparsas e charangas e once na de grupos tanto de adultos como infantís. Ademais, haberá outros seis galardóns para as parellas de adultos e infantís e outra media ducia en individuais.

VERBENA

A programación tamén inclúe, a partir das 20.00 horas, actuacións musicais na Praza do Concello da man de formacións mindonienses como son a orquestra Principal e o grupo Xuventude, dentro da “aposta clara do goberno local polos músicos locais”.

INSCRICIÓNS

A organización abriu o prazo de inscrición e os interesados poderán anotarse a través do correo electrónico entroidomindoniense@gmail.com ou no portelo do consistorio (primeiro andar). Informan no número de teléfono 619.879.499.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...