IniciosociedadeViveiro, entre as catro sedes galegas da Olimpíada de Xeoloxía

Viveiro, entre as catro sedes galegas da Olimpíada de Xeoloxía

A décima edición da competición citará na Cidade do Landro o 13 de febreiro a 40 alumnos dos dous institutos locais, do IES Perdouro e do IES de Ortigueira

Publicada o

- Advertisement -

Viveiro será unha das catro sedes da fase galega da décima Olimpíada de Xeoloxía, que se celebrará o 13 de febreiro.

A Cidade do Landro acollerá a 40 participantes de catro centros: os dous institutos locais –IES Vilar Ponte e IES María Sarmiento-, o IES Perdouro de Burela e o IES de Ortigueira.

A competición, convocada pola AEPECT (Asociación Española para la Enseñanza de las Ciencias de la Tierra), a Sociedade Española de Xeoloxía e o Colexio Oficial de Xeólogos, congregará a 330 participantes que se repartirán entre Santiago, Ourense, A Coruña e Viveiro. Por primeira vez, unha localidade lucense que non é a capital provincial alberga o evento.

As probas consistirán nunha xincana por equipos, que se celebrará en horario matinal na zona escolar, e dun exame teórico tipo test, que terá lugar no consistorio na quenda vespertina.

Haberá premios tanto na competición colectiva, de carácter práctico, coma na individual, pero un só alumno dos 40 participantes resultará o gañador da fase galega.

o gañador do certame participará na fase española, en cáceres, e loitará por competir na internacional, en corea do sur

O título daralle dereito a competir na Olimpíada de Xeoloxía de nivel estatal, que se celebrará o 30 de marzo en Cáceres. Os mellores do Estado accederán á proba internacional, en Daegu (Corea do Sur), do 26 de agosto ao 3 de setembro, na que competirán 30 países.

VISITA GUIADA

Os colectivos organizadores agradecen a disposición do Concello de Viveiro para acoller a cita. Ao rematar os exames, os participantes gozarán dunha visita guiada polo casco histórico organizada polo goberno local.

O acto de clausura e entrega de premios está previsto para as 17.30 horas, no teatro Pastor Díaz.

OBXECTIVOS

O obxectivo dos colectivos organizadores é “estimular o interese pola xeoloxía entre o alumnado” e “achegar esta ciencia á poboación, posto que é relevante para unha mellor xestión dos nosos recursos medioambientais”, sinalou Belén Pérez, de AEPECT.

Pérez presentou este venres no consistorio viveirense a cita xunto con Antonio Castiñeiras, da mesma asociación, a alcaldesa de Viveiro, a socialista María Loureiro, e maila edil de educación, Mari Carmen Franco.

Tamén colabora no evento a Universidade de Santiago de Compostela (USC), en particular o departamento de Edafoloxía e Química agrícola.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...