IniciosociedadeBNG e PSdG de Barreiros sinalan "as consecuencias" que o "urbanismo salvaxe"...

BNG e PSdG de Barreiros sinalan “as consecuencias” que o “urbanismo salvaxe” tivo para o concello

A oposición barreirense sostén que a sentenza absolutoria do alcalde e cinco edís non "cambia nada na práctica" para a veciñanza

Publicada o

- Advertisement -

Os grupos políticos da oposición en Barreiros pronúncianse tras a sentenza que absolveu ao alcalde, Alfonso Fuente Parga, a cinco edís do equipo de goberno de 2006 e máis a arquitecta municipal dun delito de prevaricación urbanística.

BNG e PSdG coinciden en sinalar  “as consecuencias” que a política urbanística do goberno municipal tivo máis aló do ámbito xudicial e inciden en que a situación do concello “só empeorou” nos últimos anos.

BNG

A voceira nacionalista, Ana Ermida, apuntou que “a cuestión urbanística é unha cara máis dunha forma de gobernar” que deixou o concello “na ruína económica a consecuencia do despilfarro e sumido no abandono ante a falta de iniciativas e ideas para mellorar”.

A candidata á alcaldía polo BNG  sostivo ademais que “ese modelo” de xestión propiciou “unha imaxe de Barreiros nefasta”, ligada á desmesura urbanística.

“O feito de que o fallo fora nun sentido ou noutro non ía cambiar nada na práctica para Barreiros. As consecuencias están á vista de todos”, concluíu Ermida.

o bng di que o fallo “valora cuestións estritamente xurídicas, pero as consecuencias sufrímolas os veciños”

A candidata nacionalista engadiu que a “resolución xudicial forma parte dun proceso que valora cuestións estritamente xurídicas, pero as verdadeiras consecuencias da xestión do Partido Popular en Barreiros, con Alfonso Fuente á cabeza, son as que sufrimos as veciñas e veciños do concello“, sinala.

Ermida emprazou á veciñanza “a decidir se queren seguir apostando polo Barreiros que estamos sufrindo actualmente ou cambiarlle o rumbo” nas próximas eleccións municipais.

PSdG

Na mesma liña, a voceira do PSdG, Carmen Veiga, explicou que, “acatando a sentenza”, manteñen a súa crítica ao modelo de “urbanismo salvaxe” que “desfixo a contorna do litoral” o concello.

A socialista mantivo que a “absolución xudicial” non pode tapar o “desleixo” e a “deixadez” do goberno municipal en cuestións como “a falta e deficiencias dos servizos de saneamento ou a situación das praias, sen bandeiras azuis tras a decisión unilateral do alcalde, e a do Camiño de Santiago no monte das Fachas”.

o psoe acusa a fuente parga de “desfacer a contorna do litoral” do concello

Veiga sinalou que estas circunstancias prexudican o desenvolvemento dun “turismo máis sostible” e tamén apuntou ás eleccións de maio como “oportunidade” para “xulgar” a xestión do goberno municipal.

PXOM

Os dous grupos sinalaron tamén a falta de avances no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), despois de que Medio Ambiente rexeitase a proposta presentada en 2015 polo goberno local.

“Nos últimos meses pedimos en varias ocasións reunirnos coa comisión redactora do plan, sen reposta ningunha”, apuntou Ana Ermida.

O urbanismo do concello está regulado polas Normas Subsidiarias de Planeamento Urbanístico de 1995.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...