IniciosociedadeA Deputación asume a xestión dos parques de bombeiros de Viveiro e...

A Deputación asume a xestión dos parques de bombeiros de Viveiro e Barreiros

O goberno provincial calcula que xestionar os seis servizos comarcais da provincia permitirán aforrar "260.000 euros anuais"

Publicada o

- Advertisement -

O Consorcio Provincial de Bombeiros aprobou por unanimidade xestionar directamente os parques de comarcais. Será a partir do primeiro de maio, cando rematan os contratos coas empresas privadas que se ocupan deles. A medida, proposta pola Deputación de Lugo e acordada coa Xunta de Galicia, suporá un aforro de 260.000 euros anuais

A xestión directa dos parques de bombeiros comarcais, en Viveiro, Vilalba, Barreiros, Monforte de Lemos, Sarria e Chantada, implica a subrogación de 117 profesionais e a mellora das condicións laborais.

MELLORAS LABORAIS

Entre outros avances, estes 75 bombeiros, 36 cabos e seis xefes de parque pasarán a ser considerados profesionais en actividades de riscoAdemais, consolidarase a equiparación salarial acordada a finais de maio, de xeito que os profesionais cobrarán o mesmo ca os homólogos de Ourense.

Podes ler a nova completa en Lugo Xornal.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...