Os Irmandiños, Melisanto e Feiraco únense nunha única cooperativa

O presidente da entidade xustifica a fusión na ausencia dunha contabilidade única e na necesidade de realizar varias asembleas para tomar decisións

Instalacións dos Irmandiños. AXM

EFE. Os Irmandiños (Barreiros), Melisanto (Melide) e Feiraco (Negreira) completaron a súa integración nunha única cooperativa de primeiro grao –CLUN-, de xeito que os socios pertencen desde o pasado 1 de xaneiro a unha única entidade.

Tamén se unificou a propia contabilidade da sociedade, logo de dous anos de convivencia entre os dous modelos.

O presidente de CLUN, José Ángel Blanco Purriños, precisou que os artífices da unión destas tres cooperativas consideraron nun primeiro momento que sería “máis doado” para os socios e para gobernar a nova sociedade manter a entidade dos Irmandiños, Melisanto e Feiraco, malia a súa integración.

Así, CLUN quedou constituída como unha cooperativa de “segundo grao”, ou como “unha cooperativa de cooperativas”, de xeito que cada unha das sociedades mantiña os seus propios socios e tamén a súa propia contabilidade.

Con todo, demostrouse, explicou Blanco Purriños a EFE, que ese sistema de xestión “xa non era eficiente”, porque “había duplicidades“. O dirixente de CLUN argumenta que había que celebrar “tres asambleas de socios” para tomar decisións e a contabilidade estaba separada.

3.500 SOCIOS

Por iso, defende, tomouse a decisión de “dar un paso máis” e converter a CLUN “nunha cooperativa de primeiro grao”, cunha única contabilidade, e que conta así con 3.500 socios.

Deles, arredor de mil, tanto de Galicia coma de Asturias, pertencen a Os Irmandiños.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here