IniciosociedadeDezaseis mulleres de Viveiro reciben protección contra a violencia de xénero

Dezaseis mulleres de Viveiro reciben protección contra a violencia de xénero

O municipio adhírese a Viogen, o protocolo do Goberno para o seguimento dos casos activos por risco de agresións machistas

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta Local de Seguridade de Viveiro aprobou a adhesión deste municipio ao protocolo para a protección das vítimas de violencia doméstica e de xénero.

A adhesión ao convenio de colaboración co Ministerio do Interior sobre o Sistema de Seguimento Integral nos casos de Violencia de Xénero (Viogen) supón, para a subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, un “paso decisivo na protección das vítimas”.

Este sistema aspira a reforzar o papel das administracións locais, “que son as que están máis preto dos cidadáns”, contra a violencia machista. Así, o convenio dota de recursos económicos aos concellos, aos que se devolveron competencias neste ámbito.

Segundo informa o Executivo, o número total de casos activos de mulleres con domicilio en Viveiro aos que realiza seguemento a Policía Nacional é de 16, dos que dous están considerados de risco medio, catro baixo e os dez restantes de risco non apreciado.

O número de denuncias por malos tratos presentadas neste municipio no 2018 ascende a 26. No 2019 presentouse unha demanda por este motivo.

FONDOS

A través do convenio, o Goberno central transferiu case 155.000 euros aos concellos da provincia de Lugo, dos que 3.500 correspondéronlle ao municipio de Viveiro.

No proxecto dos Presupostos Xerais do Estado que veñen de ser rexeitados, “estaba previsto duplicar a transferencia de fondos aos concellos para que poidan actuar contra a violencia de xénero”, subliña Rodríguez, que matiza que, “en todo caso, Viveiro vaise beneficiar da prima que teñen os municipios que están integrados en Viogen”.

“TRABALLO COORDINADO”

Rodríguez destacou que “a loita contra a violencia de xénero non é unha moda, mal que lles pese a algúns, nin é cousa dun día internacional”, para engadir que “o traballo coordinado das forzas de seguridade é fundamental para dar protección e amparo ás vítimas”.

Pola súa banda, a alcaldesa de Viveiro, a socialista María Loureiro, considerou que “rematar coa lacra da violencia de xénero é unha das prioridades para o Concello” e asegurou que a adhesión ao convenio é “achegar o noso grao de area” e “dar un paso máis” para “defender os dereitos dos cidadáns”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...