IniciosociedadeUn traballo, a recompensa ao esforzo do barista con síndrome de Down...

Un traballo, a recompensa ao esforzo do barista con síndrome de Down que concursou en Foz

O vigués Roberto Pereira adestrouse durante meses para participar no campionato de profesionais do IES focego, que gañou o ex alumno do centro Alejandro Otero

Publicada o

- Advertisement -

O vigués Roberto Pereira, primeiro participante con síndrome de Down nun Campionato Internacional de Baristas Profesionais, o do IES de Foz, foi o gran protagonista do evento ao acadar un contrato laboral indefinido na empresa Delikia.

Foi a recompensa a un traballo de varios meses, durante os que se adestrou co barista Marcos González, responsable de calidade en Delikia, para poder afrontar as esixentes probas do campionato focego, como preparar catro expresos, catro capuchinos e catro cócteles sen alcol en menos de quince minutos.

González, considerado un dos mellores baristas de España, puxo en marcha xunto coa asociación Down Vigo o Proyecto Luna, que cristalizou no certame.

GAÑADORES

Alejandro Otero Rodríguez, focego e ex alumno do centro, foi o gañador da proba para profesionais. Iago Lesta, do coruñés CIFP Paseo das Pontes, acadou o segundo posto, e Jairo Muñoz Hernández completou o podio.

Otero, no centro, co título. AXM

O propio Otero gañara co IES de Foz o trofeo dedicado aos estudantes de hostalería no 2016, co que pecha o círculo.

Lesta recibe o premio de José Manuel Balseiro. AXM

O pasado xoves foron premiados, na décimo segunda edición do Concurso Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería, o propio Lesta, en primeiro lugar; no segundo, Mari Luz Alanya, da Escola de Hostelería Gamarra, e no terceiro posto Mikel Martínez, o CIFP Compostela. O CIFP Paseo das Pontes gañou o premio ao mellor centro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...