A estrada de Barreiros a Trabada estará lista en verán

A LU-6103, vía de tránsito para camións cara o punto limpo, está deteriorada

O alcalde barreirense, Alfonso Fuente Parga, achegouse a comprobar as obras. ARQUIVO XORNAL DA MARIÑA

O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente Parga, asegura que a estrada LU-6103, que conecta a N-634 con Trabada, “estará en boas condicións nun prazo de entre quince días ou un mes”.

O rexedor visitou as obras -financiadas pola Deputación de Lugo– que se están a facer no viario, que padece “o desgaste contínuo dos camións que se dirixen ao punto limpo, así como dos vehículos de recollida de lixo que van verter a aquela zona. É unha estrada importante para os veciños de Barreiros”, explica.

AGLOMERADO ASFÁLTICO

Fuente Parga indica que “agora mesmo tiña bastantes desperfectos e furados. Hai un treito que ficaba sen aglomerar e outros que estaban moi deteriorados”, expón. Estes días, segundo asegurou o rexedor, “estanse iniciando os traballos de limpeza de cunetas e logo rematarase cunha capa de aglomerado asfáltico igual que a que ten toda a estrada ata A Insua”.

O rexedor engade que “vaise colocar tamén unha nova bionda nalgunhas das curvas”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here