Fin a 22 anos de xerras de Sargadelos nos premios María Casares

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia encargou o trofeo a Paula Pereira, nunha decisión que achaca á actitude do conselleiro delegado no conflito laboral

Paula Pereira e Iria Sobrado mostran o premio. AXM

Os Premios de Teatro María Casares, organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), terán novo trofeo para os gañadores nas 14 categorías, creado pola ceramista Paula Pereira, que substituirá nesta vixésima terceira edición ás xerras de Sargadelos.

Tal como sinalou a asociación de actores, a xunta directiva prescindiu das figuras co rostro de María Casares asinadas por Sargadelos “debido ás decisións empresariais e as declaracións do máximo accionista (Segismundo García) respecto da acción sindical da actual dirección do grupo”.

A colaboración entre a directiva e a asociación durou 22 anos. Segundo a AAAG, Pereira foi escollida pola xunta directiva tras consultar “diversos creadores e meditar sobre as diferentes propostas” que lle chegaron á asociación.

NOMINADOS

O xoves, 21 de febreiro, daranse a coñecer as montaxes e profesionais que aspirarán aos galardóns nas 14 categorías.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here